"Partido transcendental" para o Teucro, que recibe sen marxe de erro o Huesca

Pontevedra
29 de marzo 2019

O conxunto pontevedrés necesita un triunfo este sábado (19:00 horas) no Municipal para apurar as súas opcións de permanencia. Con 14 puntos aínda en xogo "hay que agarrarse hasta el final", asegura o gardameta Javi Santana

Luis Montes, nun adestramento do Teucro
Luis Montes, nun adestramento do Teucro / Mónica Patxot

Non pode fallar o Teucro no seu partidos no Municipal se quere seguir tendo opcións de permanencia na Liga Asobal, empezando por este sábado (19:00 horas) na visita do Huesca.

"Quedan 7 partidos, 14 puntos. Mientras estén esos puntos hay vida y hay que agarrarse hasta el final", asegura o gardameta Javi Santana escenificando o sentir do plantel teucrista.

"Sin querer calificarlo como final para nosotros es un partido trascendental", recoñece á súa vez Luís Montes, "tanto a nivel clasificación como anímico" cando se aveciña un parón na competición.

Para iso, trasladan, será necesario o apoio "de cada uno de los socios y personas de la ciudad que todavía creen" para parar a un Huesca que "junto a Bidasoa es una de las mejores defensas de la liga", sinalou o técnico na rolda de prensa previa ao choque.

A nivel deportivo, unha semana máis os problemas físicos marcan a preparación dos azuis máis aló dos lesionados de longa duración, con Iván Fernández aínda de baixa "indefinida" e Gehrhardt dúbida por problemas no nocello.

Os colexiados do encontro serán os cataláns Jordi  Ausas  Busquets e  Miquel  Florenza  Virgili.