Poio Pescamar e Marín Futsal prepáranse para vivir este sábado un dos enfrontamentos máis importantes da tempada.
No caso do conxunto conserveiro, será unha xornada moi especial na Seca, xa que o encontro ante o Móstoles será retransmitido a partir das 11:00 horas por Teledeporte.
Os equipos chegan á cita como quinto e sexto da clasificación, que está moi apertada na zona media e calquera cousa pode pasar, polo que un triunfo vermello sería moi importante para o que resta de tempada. Con todo, o Poio enlaza catro partidos sen gañar no seu territorio, polo que unha vitoria tería dobre valor.
No caso do cadro marinense, visitará a partir das 19:00 horas a cancha do pechacancelas Leganés, un dos equipos condenados a baixar de categoría salvo milagre.
É por iso que o Marín Futsal ten este sábado un reto crave no que é máis que obrigado sumar de tres e poder pensar así nunha posible permanencia.