Pasarón despacha dende este martes as últimas entradas para o Deportivo-Celta

Pontevedra
12 de agosto 2014

O Pontevedra Club de Fútbol solicitou un novo lote de entradas para poñelos á venda este mesmo martes. O día do partido, mércores 13, tamén se venderán as últimas na billeteira do estadio

Público no estadio de Pasarón
Público no estadio de Pasarón

O I Trofeo Federación Galega de Fútbol que se disputará este mércores (21:30 horas) no Estadio Municipal de Pasarón apunta ao cheo absoluto.

O interese dos afeccionados por disfutar do primeiro encontro da tempada entre Celta e Deportivo propiciou que a venda de entradas mostrase un ritmo elevado,

De feito o Pontevedra Club de Fútbol esgotara os tíckets cos que contaba, motivo polo que solicitou á Federación un novo lote de billetes que serán vendidos dende este martes nas oficinas do club, no propio estadio,

Estas entradas poderanse adquirir entre as 17:00 e as 20:00 horas ou tamén de 9:00 a 14:00 na mañá do mércores. Ademais a Federación Galega de Fútbol poñerá á venda nas billeteiras de Pasarón as entradas sobrantes unhas horas antes do encontro.

O prezo fixado para estas é de 20 euros en Tribuna, 15 en Preferencia e 10 nos fondos. A recadación irá destinada ao fútbol base galego.