Paso atrás do Ribadumia que cae vítima do antifútbol na súa visita ao pechacancelas Bergantiños (2-1)

O Salnés
27 de marzo 2016

Paso atrás do Ribadumia nas Eiroas. Os aurinegros caeron derrotados despois de seis xornadas con resultados positivos lonxe do seu feudo, e fixérono no campo do pechacancelas Bergantiños, deixando escapar a oportunidade de poñer terra polo medio cos postos de descenso e quedan agora na posición na que un posible arrastre dalgún galego de Segunda B levaríalles á Rexional Preferente

Partido entre Ribadumia e Boiro na Senra
Partido entre Ribadumia e Boiro na Senra / Diego Torrado

Paso atrás do Ribadumia nas Eiroas. Os aurinegros caeron derrotados despois de seis xornadas con resultados positivos lonxe do seu feudo, e fixérono no campo do pechacancelas Bergantiños, deixando escapar a oportunidade de poñer terra polo medio cos postos de descenso e quedan agora na posición na que un posible arrastre dalgún galego de Segunda B levaríalles á Rexional Preferente.

Certo que para o equipo local tratábase dunha autentica final. O Bergantiños chegaba ao partido encadeando catro derrotas consecutivas e obrigado a sumar os tres puntos. Iso fíxolle saltar ao campo con máis intensidade e as malas condicións do terreo de xogo, duro, irregular e con forte vento, ocupáronse do resto, sendo as causas principais da derrota dos de Sierra, que non dispoñen de homes que sentan a gusto nun estilo de xogo físico e directo como o que expón sempre no seu campo o cadro de Carballo.

Comezou mellor o Ribadumia, que puido adiantarse no marcador, pero non acertou nas poucas xogadas claras de perigo que se crearon, ata que pasado o primeiro cuarto de hora chegaba unha das xogadas crave cando Óscar Río comete un penalti moi protestado polos visitantes, ao estimar que o lateral aurinegro tocara balón. Para máis desgraza, o mesmo Óscar Río resultou lesionado na acción, debendo ser substituído, co temor dunha importante lesión de xeonllo.

Álex Pérez, transformaba o máximo castigo e a partir de aí comezaba un partido marcado polas constantes interrupcións, balóns que non volvían ao campo, perdas de tempo e todo tipo de argucias do equipo local, coa finalidade de que se xogase o menos posible.

Para terminar de complicar o panorama, nada máis comezar a segunda parte (minuto 46), un erro despexe de Javi Sánchez deixa o balón no medio campo e Roberto Piñeiro, ao ver ao meta descolocado, eleva de volea marcando o 2-0.

O Ribadumia tentou irse arriba e conseguiu reducir distancias pronto (minuto 52), cando Mou remata de cabeza un corner lanzado por Jorge Fajardo.

O que seguiu ata o final foi de todo menos futbol. O Bergantiños dedicouse a destruír para asegurar unha vitoria vital para eles, e o Ribadumia tivo varios achegamentos, pero como adoita suceder en escenarios como As Eiroas, con máis ruído que efectividade ou posibilidades reais de crear perigo e lograr polo menos a igualada.

Consulta aquí o acta do partido.