Paso de xigante cara á permanencia do Poio FS tras impoñerse ao Gironella (3-2)

Poio
14 de marzo 2015

As vermellas sufriron nos últimos minutos despois de gozar de tres goles de renda. O descenso queda a 13 puntos de distancia

As xogadoras do Poio FS celebran un dos goles marcados ante o Gironella na Seca
As xogadoras do Poio FS celebran un dos goles marcados ante o Gironella na Seca / Diego Torrado

Despois de tres derrotas consecutivas o Poio Fútbol Sala retomou o camiño do triunfo ante o Gironella (3-2) nun emocionante encontro.

As vermellas mostráronse superiores ao seu rival nun arroiador comezo de partido e aos 4 minutos xa gañaban por 2-0 tras os goles de Jenny e Claudia.

Xa na segunda metade Raquel Souza encarrilaba o encontro co 3-0 aos 22 minutos cun disparo afastado, pero as catalás non se renderon e deron un paso adiante.

Anna Burgayá recortou distancias no minuto 29 e Ingrid Vieites puxo emoción aos últimos minutos co 3-2 no 37 de partido.

O Gironella optou por xogar de cinco os últimos minutos, pero o Poio defendeuse ben para levarse tres importantes puntos ante un rival directo pola permanencia en Primeira División ao que afasta a 13 puntos, a mesma renda que as vermellas teñen agora sobre a zona de descenso.

POIO FÿTBOL SALA (3): Silvia, Elena, Yoli, Jenny, Claudia -cinco inicial- Souza, Paloma, Nerea, Charo.

GIRONELLA FSF (2): Noe, Claudia Pons, Anna Burgayá, Celia Catá, Berta Ramos -cinco inicial- Carla, Pilar, Ingrid Carrillo, Ingrid Vieites, Raquel.

Árbitros: Manuel Rey e Borja Moreiras. Amoestaron a Berta Ramos e Ingrid Vieites no Gironella.

Goles: 1-0 Jenny (min.2), 2-0 Claudia (min.4), 3-0 Souza (min.22), 3-1 Anna Burgayá (min.29), 3-2 Ingrid Vieites (min.37).

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Seca, Poio.