Paula de la Torre, bronce no Campionato de España Cadete de atletismo

Pontevedra
04 de xullo 2017

A atleta pontevedresa da Sociedad Gimnástica conseguiu un brillante terceiro posto na proba dos 1.000 metros lisos correndo por baixo dos 3 minutos

Paula de la Torre (dereita) no podio do Campionato de España Cadete de atletismo
Paula de la Torre (dereita) no podio do Campionato de España Cadete de atletismo / Sociedad Gimnástica

Satisfacción na Sociedad Gimnástica polo resutado dos seus atletas no recente Campionato de España Cadete celebrado en Murcia.

O club pontevedrés sumou unha medalla na competición, o bronce logrado por Paula de la Torre nos 1.000 metros lisos despois dun emocionante sprint na final desta distancia.

Paula conseguiu a súa mellor marca persoal cun tempo de 2:56.87, quedando a só cinco centésimas da medalla de prata. Na mesma proba Blanca Armenteros foi undécima na final, á que chegara tamén tras conseguir o seu record persoal (3:03.66).

Outro deportistas que rebaixou sensiblemente o seu mellor rexistro foi Hugo Soto nos 3.000 metros, ao correr ata 9 segundos máis rápido que a súa anterior marca e entrar en meta cun tempo de 9:15.87.

Pola súa banda Raúl Cortizo foi quinto no salto de altura (1,81 metros), Pablo Boleas décimo noveno nos 300 valos e Ainhoa Vázquez vixésima nos 3 quilómetros marcha completando o papel da Gimnástica na competición.