Paula González adica su título na Copa de España á Área Sanitaria de Pontevedra

Pontevedra
30 de agosto 2024

A profesional de Enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) Paula González Esteban entregou este venres ao Hospital Provincialo seu título de gañadora da Copa de España na clase Vaurien de Vela Lixeira, galardón deportivo que logrou no pantano leonés de Barrios de Luna o pasado 18 de agosto  

Paula González Esteban entrega o título da Copa de España de Vela ao Hospital Provincial
Paula González Esteban entrega o título da Copa de España de Vela ao Hospital Provincial / Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

A profesional de Enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) Paula González Esteban entregou este venres ao Hospital Provincialo seu título de gañadora da Copa de España na clase Vaurien de Vela Lixeira, galardón deportivo que logrou no pantano leonés de Barrios de Luna o pasado 18 de agosto.

A profesional do equipo asistencial de Medicina Interna II e natural de Poio, quixo facer partícipes deste triunfo á totalidade de traballadores da Área Sanitaria, agradecéndolles "a súa adicación á poboación e salientando a estreita colaboración de compañeiros e profesionais do Sistema Sanitario Público" con ela.

Durante a súa visita estivo acompañada polo xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores; a directora asistencial, Yolanda Sanduende; a subdirectora de Enfermaría, Ana García e a supervisora de Medicina Interna II, Alexandra Monteagudo.

Paula subliñou que os seus vindeiros obxectivos a longo prazo pasan polo Campionato do Mundo que se celebrará en Italia en xullo de 2025 e onde agarda seguir ao mesmo nivel que este ano. Tamén aspira acadar o Europeo e o Mundial de clase J-70, que se celebrará en Suecia.

A regatista agradece "o apoio dos meus compañeiros e compañeiras de profesión, pois me permiten realizar os cambios de traballo necesarios para poder asistir ás competicións, un esforzo que me consta que en moitos momentos non lles resulta fácil".

Pola sua banda, segundo sinalou José Flores, "o exemplo de perseverancia e compromiso profesional da nosa compañeira Paula lle fai acumular xa certa actividade asistencial coma enfermeira prestando servizo á poboación na nosa Área Sanitaria, labor que compaxina cun amplo historial deportivo nas competicións náuticas".