Paula Goyanes repite convocatoria co equipo nacional de augas abertas

Pontevedra
04 de xaneiro 2017

A deportista do Club Natación Galaico participa estes días, e ata o próximo 20 de xaneiro, nunha concentración en altura que se está levando a cabo no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada

Paula Goyanes, nunha competición co Galaico
Paula Goyanes, nunha competición co Galaico

Sen apenas tempo para dixerir os resultados no recente Campionato Galego Absoluto de Inverno, celebrado en Pontevedra, Paula Goyanes volve centrarse na longa distancia.

A deportista do Club Natación Galaico participa estes días, desde o 2 de xaneiro e ata o día 20, nunha concentración en altura que se celebra no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada.

Goyanes repite convocatoria co equipo nacional de augas abertas, co que participou o pasado mes de setembro no Campionato de Europa da especialidade en Piombino (Italia) e pouco despois nunha proba internacional en Madeira (Portugal), ademais de en varias concentracións de adestramento como a desenvolvida en Lanzarote en novembro.

Ademais de Goyanes, deportista en idade junior, participan na concentración outros dous nadadores galegos, Gaspar Andrade (CN Arzúa) e Manuel Tomé (CN Riveira), ambos os dous bolseiros no centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.