Pontevedra acollerá en 2026 a gran festa do fútbol sala autonómico.
O Pavillón Municipal dos Deportes foi designado como sede das finais da Copa Galicia, tal e como confirmou este martes a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).
Desta forma tanto a final da XIX Copa Galicia Feminina como a XXXIV edición da Masculina disputaranse na Boa Vila o 2 de abril de 2026, Xoves Santo.
Haberá que esperar aínda para coñecer os horarios concretos, pendentes de establecer coa Televisión de Galicia.
A RFGF apóiase para a organización das finais no Leis Pontevedra e no Concello, aos que agradeceu publicamente a súa colaboración e disposición.
Finalizada a fase previa o torneo, a Copa Galicia ten xa definidos os cuartos de final masculinos e as semifinais femininas.
Na competición masculina o Leis Pontevedra, subcampión da pasada edición, deberá recibir nesa rolda de cuartos de final a un dos dous equipos galegos da máxima categoría, como é O Parrulo Ferrol, nun encontro que se disputará o próximo 2 de decembro.
Pola súa banda no torneo feminino o Poio Pescamar disputará unha das semifinais fronte ao CD Burela, mienstras que a outra a xogarán Ourense Ontime e FSF Castro. Ambos os dous encontros están fixados para o día 3 de marzo.