Peixe Galego segue costa abaixo e cae na súa visita o CB Prat (96-81)

Marín
18 de decembro 2016

Unha débil defensa e un xa endémico desacerto no lanzamento exterior foron as causas dunha nova derrota, a quinta consecutiva, do Peixe Galego, que non consegue deter a súa caída e deixa escapar a un rival directo na loita pola permanencia como o CB Prat, que se impuxo con relativa comodidade na súa pista

Partido entre Quesos Cerrato Palencia e Peixe Galego Diario Palentino

Unha débil defensa e un xa endémico desacerto no lanzamento exterior foron as causas dunha nova derrota, a quinta consecutiva, do Peixe Galego, que non consegue deter a súa caída e deixa escapar a un rival directo na loita pola permanencia como o CB Prat, que se impuxo con relativa comodidade na súa pista.

Con igualdade na loita baixo taboleiros, o acerto nos tiros de campo determinou o rumbo do partido, cos cataláns moi acertados, chegando ata o 74% nos tiros de dous e 14 de 30 en triplos, mentres Peixe Galego sufría cun raquítico 5 de 19 (26%) nos triplos e só un 47% no total de tiros de campo.

Destacar o bo rendemento de conxunto do equipo local, con ata sete xogadores que alcanzaron dobres díxitos na súa valoración, mentres que polos marinenses o máis destacado foi Derksen, con 19 puntos.

Os de Javi Llorente entraron mal no partido, encaixando un primeiro parcial (25-15) que lles fixo ir a remolque o resto do partido e que non foron capaces de neutralizar, a pesar da timida reacción que lles permitiu impoñerse no segundo cuarto (17-21), para marcharse ao descanso por baixo (42-36) pero con opcións de poder lograr un resultado positivo.

Con todo, a falta de puntería volveu lastrar aos marinenses tras o descanso (26-15), o que lles fixo entrar no último parcial 17 puntos por baixo (68-51) e sen apenas posibilidades de remontada.

O últimos dez minutos ofreceron un intercambio de canastras, cos ataques superando ás defensas e maior igualdade, sen que o Peixe lograse poñer en apertos o triunfo local (96-81).

Consulta aquí as estatísticas do CB Prat-Peixe Galego.