Obxectivo cumprido. O equipo masculino da Sociedad Gimnástica asegurouse a permenancia na División de Honra de atletismo, máxima categoría nacional, despois dunha brillante actuación na xornada final disputada en Burgos.
Fóronos segundos na final a oito pola permanencia con 108 puntos, só superado polo Catalunya (111), o que lles vale para continuar un ano máis, o décimo, na elite.
A Gimnástica baseou o seu resultado en dous triunfos parciais e sete segundos postos, nunha competición que se desenvolveu baixo o formato dun atleta por proba.
Julián Ortiz en 110 valos e Lysvanys Pérez en triplo salto sumaron senllas vitorias, mentres Alberto Guerrero (800 metros), David Martínez (1.500), Ignacio Sarmiento (400 valos), Manuel Molinos (altura), David Ferrer (lonxitude), Víctor Gallego (peso) e o relevo 4x400 foron segundos.
Finalmente as dúas prazas de descenso foron para Hinaco Monzón e Celta de Vigo, mentres na final polo título Playas de Castellón se impuxo ao Fútbol Club Barcelona.