Pichel, Edu Moledo e Chapela, dúbidas do Teucro na volta de Asobal

Pontevedra
03 de febreiro 2016

O equipo pontevedrés volve á acción este venres (20:30 horas) na cancha do Guadalajara, deixando atrás o parón pola disputa do Europeo de seleccións. Coas sensacións de que "el equipo ha ido a más" durante o último mes de adestramentos, os azuis afrontan con prudencia o regreso da competición

Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro
Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro / Mónica Patxot

Ganas e prudencia son dúas palabras que definen o estado da Sociedad Deportiva Teucro no regreso da Liga Asobal. Despois do parón pola disputa do Campionato de Europa de seleccións, os de Quique Domínguez séntense preparados para regresar a unha competición dura e esixente que "nos irá poniendo otra vez en nuestro sitio", declarou o adestrador pontevedrés este mércores na rolda de prensa previa ao partido que lles enfrontará o venres (20:30 horas) ao Guadalajara.

"Estamos preparados en lo físico, en lo anímico, en lo mental y sobre todo en lo balonmanístico" sinalou o técnico despois dunha positiva mini pretempada, tras a que se presentan con ánimos renovados na súa loita pola permanencia aínda que consentes que "una cosa es la preparación y otra es la competición".

Quique Domínguez contará coa dúbida ata última hora, por problemas físicos, de García Pichel, Edu Moledo e un David Chapela que "lleva unos días con el hombro un poquito maltrecho", pero confía en que estean dispoñibles para a importante visita á cancha un rival directo na clasificación. 

Despois dunha primeira volta sen vitorias fóra da casa, o equipo teucrista quere reverter a situación pero "no nos vamos a obsesionar", afirmou o adestrador.

O Guadalajara presenta algunhas novidades respecto da primeira volta, como a baixa de Álex Silva tras a súa marcha ao Benfica. A pesar dela o equipo liderado polo experimentado Hombrados na portería preséntase na súa pista como unha seria ameaza para os azuis. 

Referencia a ter en conta será tamén o xogo co pivote, o cal "siempre es importante" nos equipos de César Montes, sinalou Domínguez, e a variedade defensiva dun equipo que alterna durante o partido o 6-0 e o 5-1 buscando aproveitar os erros do rival.

Pola súa banda, Víctor Rodríguez, lateral esquerdo do cadro pontevedrés, destacou o bo estado do grupo tras os últimos amigables e declarou que despois do parón sempre "tienes ganas de jugar".

O encontro en Guadalajara será arbitrado polo catalán Ballano Dueñas e o galego Rodríguez Rodríguez.