Pintos celebra a súa tradicional carreira popular

Pontevedra
25 de agosto 2024

Este evento interxeracional convertido nun clásico no verán deportivo contou con máis de 400 asistentes entre participantes e corredores de diferentes puntos da xeografía galega

 

37 edición da Carreira Popular de Pintos Asociación Cultural O Máis Alto de Marcón

Deportistas de todas as idades encheron Marcón este sábado coa Carreira Popular de Pintos, unha das citas afianzadas no deporte popular pontevedrés e que este ano chegou á súa 37 edición.

Este evento interxeracional convertido nun clásico no verán deportivo contou con máis de 400 asistentes entre participantes e corredores de diferentes puntos da xeografía galega.

En canto á competición, arrancou a partir das 17:30 horas coas probas dos máis pequenos ata chegar aos veteranos, que se encargaron de pechar a popular proba de 2 quilómetros.

Ao finalizar, a Asociación Cultural O Máis Alto de Marcón, organizadora do evento, obsequiou cun detalle aos corredores, sorteou agasallos e repartiu empanada gratis entre os asistentes.

A organización valora a carreira como "moi positiva" e esperan que "en próximas edicións sómense máis persoas ao evento".