Piscis renova o seu contrato co Arosa

O Salnés
12 de maio 2014

Un día despois de finalizar a liga o club vilagarciano anuncia a renovación do técnico. O defensa central Martín Barreiro tamén pecha a súa continuidade no equipo da Lomba

Piscis dá instrucións aos seus xogadores durante o partido entre Pontevedra e Arosa en Pasarón
Piscis dá instrucións aos seus xogadores durante o partido entre Pontevedra e Arosa en Pasarón / Diego Torrado

Un día despois de rematar a liga en Terceira División o Arosa púxose a traballar na planificación da próxima tempada.

O primeiro foi pechar a renovación de José Luis Uhía 'Piscis' como adestrador do primeiro equipo, unha continuidade que se anunciou oficialmente este luns xunto á do preparador físico Ezequiel Rey.

Ademais o presidente, Manuel Abalo, reuniuse tamén co central Miguel Barreiro, primeiro futbolista que confirmou a súa permanencia un ano máis no club arlequinado tras informar Piscis a directiva da súa intención de seguir contando con el.

Por último o Arosa pechou tamén o acordo para que a firma Impex Europa siga sendo a patrocinadora principal do equipo de Terceira División.