O Poio Pescamar, que conta coa considerada como unha das mellores canteiras do país, será anfitirón este ano do Campionato de España Infantil Feminino de fútbol sala.
O equipo vermello, que gañou o título nacional dous anos consecutivos en 2014 e 2015 e sumou aínda máis éxitos en idade cadete, organizará a fase final da competición.
Así o confirmou a Real Federación Galega de Fútbol, a quen a Federación Española encargáralle a organización do evento.
A fase final disputarase no pavillón municipal da Seca nunha data aínda por confirmar.
Esta competición dividirase en dous grupos de catro equipos cada un. No primeiro tomarán parte o representante galego xunto ao catalán, o manchego e o madrileño, mentres que o grupo B estará composto polos equipo que se clasifique por Murcia, Navarra, Aragón e Andalucía.