Poio Pescamar e Marín Futsal avanzaron a semifinais da Copa Galicia tras superar a Amarelle FSF e CD Mosteiro Bembrive, respectivamente.
No primeiro partido da tarde, as vermellas tiveron que sufrir para facerse coa vitoria, que chegou grazas ao solitario gol de Laura Canales.
Todo o contrario viviron as marinenses en Vigo, que demostraron a súa superioridade na cancha para dsifrutar dunha tarde de goles e gañar por 2-9 ao Bembrive de Vigo.
Tamén avanzaron de rolda o Castro de Lugo, que deu a sorpresa ao gañar por 2-0 ao Ourense Envialia, e o Burela, vixente campión da Copa que goleou ao Valdetires Ferrol por 0-9.
Os enfrontamentos de semifinais decidiranse mediante sorteo e os partidos disputaranse en febreiro de 2024.