O plantel do Poio Pescamar vai collendo forma de cara á nova tempada tras a confirmación de renovación de Carolina Pedreira por dúas tempadas máis.
Trátase dunha das integrantes do equipo máis destacadas do curso ao ser, xunto a Débora e Chuli, unha das xogadoras que participou nos 39 partidos da tempada.
A súa achega ofensiva foi determinante, con 16 tantos e 8 asistencias que a situan como un dos principais referentes en ataque.
A nivel internacional, disputou o Mundial de Filipinas coa selección portuguesa, onde logrou o subcampionato. Tamén foi recoñecida como mellor xogadora nova do mundo en 2025.
Ademais, o Poio Pescamar anunciou a marcha de Zaide Pérez, que pecha a súa etapa no club tras unha tempada.
A xogadora do Carballiño destacou especialmente no tramo inicial da tempada con tres goles nas dúas primeiras xornadas que a levaron a encabezar a táboa de máximas goleadoras.
Ao longo do curso, Zaide participou en 30 partidos, un deles como titular, e asinou un total de seis goles e unha asistencia.