Polémica derrota do Teucro na pista do Carballal

Pontevedra
07 de decembro 2024

Un protestado sete metros a falta de só dous segundos, coa descualificación do porteiro teucrista Anxo Fraga, supuxo o definitivo 25-24 no marcador

Partido entre Teucro e Ribeiro
Partido entre Teucro e Ribeiro / SD Teucro

A Sociedad Deportiva Teucro caeu derrotado este sábado 7 de decembro na pista dos Granitos Ibéricos Carballal e distánciase aínda máis dos primeiros postos da clasificación na Primeira Nacional.

O vicedecano cedeu, iso si, de maneira axustada e polémica por un protestado sete metros a falta de só dous segundos, que supuxo a descualificación do seu porteiro Anxo Fraga e o definitivo 25-24 no marcador.

Antes, o xogadores adestrador por Irene Vilaboa desaproveitaran unha importante vantaxe na primeira metade.

Porque o Teucro arrincou o choque ben, cun 0-3 de saída con goles de Krook e dous de Gonçalo Areias que convidaban o optimismo.

A vantaxe consolidouse e ampliou ao longo da primeira metade chegando a marcar a máxima nun 9-14 (min.28), aínda que dous tantos dos locais deixaban o parcial ao descanso nun 11-14.

Seguiu dominando o equipo teucrista nos primeiros compases do segundo acto, até o minuto 38 (16-16) co empate do Carballal.

Entrouse entón nunha fase de máxima igualdade que se mantivo até o final, con alternativas no mando.

Ao último minuto o Teucro chegou un gol por detrás, empatando Eloy Krook a falta de 25 segundos. Quedaba con todo un último ataque.

Os colexiados sinalaron golpe franco, o balón foi a portaría e Anxo Fraga foi sancionado por tentar que o reloxo se esgotase escondendo o coiro. Vermella e sete metros, que sobre a bucina anotaba o local Iván Soage para pór o 25-24 decisivo.

Con esta derrota o Teucro cae á sexta posición con 15 puntos.