Ponte Caldelas presenta o paso polo municipio do Rallye de Pontevedra

Ponte Caldelas
31 de maio 2021

A Praza de España de Ponte Caldelas acolleu este domingo a presentación do Rallye de Pontevedra onde participaron tres vehículos que estarán na competición automobilística que percorrerá o municipio o sábado 19 de xuño

Presentación do Rallye de Pontevedra en Ponte Caldelas
Presentación do Rallye de Pontevedra en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A Praza de España de Ponte Caldelas acolleu este domingo a presentación do Rallye de Pontevedra onde participaron tres vehículos que estarán na competición automobilística que percorrerá o municipio o sábado 19 de xuño.

O acto consistiu nunha exhibición dalgúns dos vehículos que estarán na competición e na que participarán máis de 120 corredores.

A saída do novo Rallye de Pontevedra será dende Vilarchán, pasando por Mirón, Borela (Cerdedo-Cotobade) e volvendo a Ponte Caldelas pola estrada do Pé da Múa para finalizar o tramo ás portas da Igrexa de Santa Baia. 

Na presentación estiveron o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañado polos pilotos Roberto Torres, Javier Leiro e Diego Rodríguez, así como diferentes representantes da Escudería Congostra Team.

Con este tipo de eventos deportivos, Ponte Caldelas quere seguir atraendo visitantes e axudar á recuperación da economía local.