Semana de dobre partido amistoso para o Pontevedra Club de Fútbol, coa última oportunidade de ver en directo o equipo granate na casa antes do inicio da liga de Primeira RFEF.
O equipo pontevedrés recibirá este venres 15 de agosto, día festivo ás 11.30 horas da mañá, ao CD Arenteiro, un rival da súa categoría e no que se presume como todo un ensaio xeral para os de Rubén Domínguez.
Para este encontro o club decidiu abrir soamente dúas bancadas do estadio, a de Tribuna e Fondo Norte, con entradas unificadas para o público.
O prezo das mesmas será de 10 euros para o público adulto e de 5 euros para a categoría xuvenil.
Os socios e os menores de seis anos contarán con acceso de balde.
ENTRADAS 🎟️ | É hora de voltar a Pasarón 🏟️⚽️
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) August 13, 2025
Consigue xa as túas entradas para o partido amigable ante o @CD_Arenteiro
ℹ️ Nas oficinas de Pasarón de 9:00 a 19:00 ou o día de partido nas billeteiras dende as 10:30
🔗 Online en https://t.co/cyjGKQFFvq#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️♥️ pic.twitter.com/FFsBfY6SUA
Tras este duelo o Pontevedra repetirá o sábado ás 20.00 horas nun clásico do verán, a visita ao Villalonga no campo de San Pedro.