O Pontevedra Club de Fútbol e Alberto Gil manteñen unidos os seus camiños durante, polo menos, unha tempada máis. O club lerezano anunciou este venres a súa continuidade pouco despois de facer oficial tamén a renovación do defensa Álvaro Pérez.
O atacante valenciano aterrou na cidade do Lérez no pasado mercado invernal procedente do Deportivo Guadalajada e, desde o primeiro momento, converteuse nun dos homes de confianza dun Rubén Domínguez que xa o tivo baixo as súas ordes no Ourense CF.
Tanto é así que Gil disputou 17 encontros no segundo tramo da tempada como xogador do conxunto granate, 13 deles como titular, nos que completou un total de 890 minutos cun gol na súa conta particular.
A súa continuidade reforza unha parcela ofensiva que cada vez está máis completa coas recentes fichaxes de Domingo Mba e Iñaki Elejalde.
𝑶𝑭𝑰𝑪𝑰𝑨𝑳 ✍️ | Alberto Gil renova a súa ilusión e seguirá percorrendo a banda de Pasarón outra tempada máis 😍🏃 #OndeOLerezFaiHistoria pic.twitter.com/YDHdOl6eyD
— Pontevedra CF 🦴 (
E aínda que a súa posición natural é pegado á banda, Alberto Gil xa demostrou na pasada campaña que pode desempeñarse en calquera dos dous flancos de ataque e mesmo como lateral, posición que chegou a ocupar por momentos no tramo final da competición.
Esta é a cuarta renovación no que vai dun mercadode fichaxes que se acelerou enormemente para o Pontevedra nas últimas horas.
Domínguez conta xa con 15 xogadores en plantel entre as catro renovacións, os cinco xogadores con contrato en vigor desde o pasado curso e as seis novas incorporacións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.