As instalacións do Casino Mercantil en Mourente serán escenario do 11 ao 13 de xaneiro, por terceiro ano consecutivo, do Máster Galego de Tenis.
A cita reunirá aos 16 mellores tenistas do ranking autonómico feminino e masculino, nun cadro que arrincará o xoves 11 cos oitavos de final e que concluirá o sábado día 13 coas finais, previstas inicialmente ás 13:00 horas en categoría feminina e ás 15:00 horas na masculina.
Os partidos disputaranse no pavillón do mercantil, por tanto en pista dura cuberta.
Entre os inscritos non faltarán o actuais número uno galegos, Simón Arca e Uxía Martínez, sinalou o director técnico do Mercantil, Miguel Lapido.
Xunto ao Máster, o sábado 13 de xaneiro a programación tenística completarase na cidade coa Gala do Tenis Galego que acollerá o Pazo da Cultura ás 18:30 horas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.