Pontevedra repite como sede do Máster Galego de Tenis

Pontevedra
10 de xaneiro 2018

As instalacións do Casino Mercantil acollerán entre o 11 e 13 de xaneiro a competición coa presenza dos 16 primeiros xogadores do ránking autonómico masculino e feminino. O Pazo da Cultura será escenario ademais da Gala do Tenis Galego

Presentación do Máster Galego de Tenis 2018 PontevedraViva

As instalacións do Casino Mercantil en Mourente serán escenario do 11 ao 13 de xaneiro, por terceiro ano consecutivo, do Máster Galego de Tenis.

A cita reunirá aos 16 mellores tenistas do ranking autonómico feminino e masculino, nun cadro que arrincará o xoves 11 cos oitavos de final e que concluirá o sábado día 13 coas finais, previstas inicialmente ás 13:00 horas en categoría feminina e ás 15:00 horas na masculina.

Os partidos disputaranse no pavillón do mercantil, por tanto en pista dura cuberta.

Entre os inscritos non faltarán o actuais número uno galegos, Simón Arca e Uxía Martínez, sinalou o director técnico do Mercantil, Miguel Lapido.

Xunto ao Máster, o sábado 13 de xaneiro a programación  tenística completarase na cidade coa Gala do Tenis Galego que acollerá o Pazo da Cultura ás 18:30 horas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora