Pontevedra será sede do VII Congreso de Estudos Olímpicos no 2020

Pontevedra
18 de decembro 2019

Os edís socialistas, Tino Fernández e Yoya Blanco, mantiveron este mércores unha reunión co presidente e fundador da Academia Olímpica Española, Conrado Durántez, quen propuxo a organizacion do evento na cidade do Lérez

O presidente da Academia Olímpica Española reúnese cos concelleiros Tino Fernández e Yoya Blanco no Concello
O presidente da Academia Olímpica Española reúnese cos concelleiros Tino Fernández e Yoya Blanco no Concello / Concello de Pontevedra

O sétimo Congreso de Estudos Olímpicos celebrarase o próximo ano en Pontevedra. O evento, que aglutinará a unha trintena de entidades que defenden en España principios olímpicos como a non discriminación, a búsqueda da paz e a mellora psicofísica do ser humano a través do deporte, completaríase con charlas en centros educativos protagonizados por atletas destacados como a saltadora Ruth Beitia.

A elección da cidade do Lérez como sede radica, en parte, a que no 2020 cúmprense cen anos da celebración dos Xogos Olímpicos de Amberes nos que, por primeira vez, participou un deportista galego, o futbolista pontevedrés Luís Otero.

En abril do 2020 celébrase o centenario daquela histórica medalla de prata conseguida pola selección española de fútbol, lembrou o presidente e fundador da Academia Olímpica Española, Conrado Durántez, na reunión que mantivo esta mañá cos concelleiros de Deportes e Promoción Económica, Tino Fernández e Yoya Blanco.

Durántez propuxo tamén a instalación na cidade dun busto, elaborado en granito, de Pierre de Coubertin, o fundador dos Xogos Olímpicos modernos. "É unha oportunidade única para Pontevedra", afirmou o tenente de alcalde, Tino Fernández.