O Pontevedra CF contará cun respaldo masivo da súa afección no derbi que se disputará este sábado fronte ao Ourense CF, a partir das 16:15 horas.
O club confirmou que xa completou un autobús para o desprazamento, aínda que afirman que serán máis de 400 afeccionados os que acompañen ao equipo.
A pesar de que é só a quinta xornada de liga, este encontro preséntase como un dos máis atractivos da tempada, xa que supón unha gran oportunidade para tomar vantaxe fronte a un rival directo na loita pola permanencia.
Actualmente, os granates marcan a zona de salvación con 4 puntos, mentres que o Ourense é pechacancelas con 2 puntos.
Ademais, a proximidade xeográfica e o horario do partido favorecen un desprazamento masivo de afeccionados desde Pontevedra.
A viaxe organizada polo club partirá ás 11:00 horas desde o Pavillón Municipal dos Deportes, con regreso previsto tras o final do encontro.
Para os afeccionados que aínda non adquiran a súa entrada e prefiran desprazarse pola súa conta, poderán facelo a través da páxina web do Ourense CF.
Os seguidores granates estarán situados nos sectores 1 e 2 de Preferencia Alta e Baixa.