Portonovo despide a tempada de cruceiros cunha vibrante regata en augas das rías de Arousa e Pontevedra

Pontevedra
24 de agosto 2020

Os gañadores da vixésimo cuarta edición da Regata Cruceiro Hotel Galatea foron os veleiros Ai Carmela, no grupo A Dous; o Alma do Mar, da clase ORC; e o Limay, en categoría Open

XXIV edición da Regata Cruceros Hotel Galeta de vela en Portonovo
XXIV edición da Regata Cruceros Hotel Galeta de vela en Portonovo / Club Náutico Portonovo

A vixésimo cuarta edición da Regata Cruceiro Hotel Galatea concluíu este domingo en augas da ría de Arousa e Pontevedra.

Cun notable atraso pola completa ausencia de vento, os organizadores puideron dar a saída pasadas as 13.30 horas nunhas condicións inmellorables con ventos de entre os 8 e 12 nós de intensidade, os participantes puideron completar un percorrido de 17,5 millas entre o porto de Cabo de Cruz e o náutico de Portonovo, onde se situou a liña de meta.

Durante a regata, o liderado da mesma foi cambiando entre os diferentes barcos resultando finalmente gañador no grupo A Dous o Ai Carmela, do L.M. Bouzas, patroneado por Juan Martínez. Na clase ORC, o triunfador foi a alma do Mar, do C.M. A Penela, patroneado por Jose Mánuel “ Nito” Enríquez; mentres que na categoría Open, o Limay, do C. N. Beluso, patroneado por D. José Luis Smyth, foi o gañador.

A última hora da tarde, nas instalacións do CN Portonovo, tivo lugar a entrega de trofeos aos vencedores de cada unha das clases no medio dunha cerimonia que serviu para pechar a tempada de cruceiros no náutico de Portonovo.