Pouca fortuna para Lúa Piñeiro no Grand Prix de Manchester

Umia
16 de outubro 2015

A deportista caldense despediuse no seu segundo combate dunha competición do máximo nivel na que esperaba sumar un bo número de puntos para o ranking olímpico  

Lúa Piñeiro en Chelyabinsk (Rusia)
Lúa Piñeiro en Chelyabinsk (Rusia)

Era unha das competicións máis importantes dos últimos meses na súa procura da clasificación olímpica, pero non tivo fortuna.

Lúa Piñeiro despediuse nos dezaseisavos de final do Grand Prix de Manchester, competición na que esperaba facer un bo papel para sumar importantes puntos no ranking, pero no que tivo que enfrontarse a un cuadrante realmente duro.

A taekwondista caldense gañou o seu primeiro combate na categoría de -67 quilos ante a novena favorita do torneo, a británica Carla Summerhill, por 3 a 1.

Tras empezar con bo pé, esperábaa a oitava cabeza de serie, a turca Nur Tatar, que apenas lle deu opción (0-8).