Pouso: "Mi idea es afrontar la segunda vuelta con 22 jugadores"

Pontevedra
02 de xaneiro 2020

O adestrador do Pontevedra asegura que non realizou ningunha petición de fichaxes á directiva e que ningún xogador pediu ser traspasado

Carlos Pouso, no partido de liga entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón
Carlos Pouso, no partido de liga entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón / Diego Torrado

O mercado de fichaxes de inverno atópase xa aberto e todos os equipos buscan novas pezas para subir o nivel. O Pontevedra non é unha excepción. Aínda que o adestrador granate, Carlos Pouso, mantén que aínda non se sentou co director deportivo, Roberto Feáns, para analizar as necesidades do equipo para a segunda volta, ambos mostran a súa predisposición para buscar algún reforzo. 

"Todavía no me he sentado a valorar. Me llaman representantes y se lo derivo todo a Roberto Feáns. Los rumores pueden ser ciertos o no", declarou o técnico este xoves despois do adestramento do equipo no campo da Seca, en Poio. Máis tallante foi á hora de asegurar que non fixo ningunha petición á dirección deportiva. "Yo no he dado ningún nombre ni niguna posición concreta, ellos saben donde puede haber un déficit", asegurou.

Con todo, ao preparador biscaíño non lle importou recoñecer publicamente o seu desexo de ampliar o persoal. "Mi idea es hacer la segunda vuelta con 22 jugadores, otra cosa es que se pueda", puntualizou. O cadro pontevedrés dispón de dúas fichas libres: un sub 23 e unha sénior, posto que Javi López non poderá volver competir esta tempada por lesión. 

No referente ás saídas, o adestrador sostén que conta con todos os integrantes actuais do persoal. "Mi idea no es prescindir de nadie", afirmou. Con todo, non descarta que algún xogador pida o traspaso por falta de oportunidades ou porque reciban ofertas e decidan aceptalas. "Pero ningún jugador ha venido a pedirme salir", concluíu.