Os Premios San Xoán-Pepe Otero ao Deporte galardoan os deportistas poienses máis destacados

Poio
19 de xuño 2026

Adrián Sieiro, Valeria Oliveira, Alba Rodríguez e o Reserpón Poio Pescamar serán os galardoados na entrega de premios que se celebrará o próximo 22 de xuño

Valeria Oliveira e Alba Rodríguez, deportistas premiadas Concello de Poio

Un ano máis os Premios San Xoán-Pepe Otero ao Deporte recoñecen aos deportistas máis destacados da localidade poiense polos seus éxitos ao longo da tempada.

Nesta ocasión, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Poio anunciou que Adrián Sieiro, Valeria Oliveira, Alba Rodríguez e o Reserpón Poio Pescamar serán os galardoados na entrega de premios do próximo 22 de xuño.

En canto ao piragüista, Adrián Sieiro Barreiro vén de proclamarse campión da Copa do Mundo de C2 e, ademais, aspira a participar nos próximos Xogos Olímpicos de Los Ángeles.

Non hai que saír do deporte acuático para falar de Valeria Oliveira Otero e Alba Rodríguez Requejo, dous padeeiros do Club Piragüismo Poio que son campioas de España en C2.

En canto ao Poio Pescamar, será o equipo senior masculino o premiado polo seu recente ascenso a Terceira Nacional.

Reserpón Poio PescamarConcello de Poio

Todos eles recollerán o seu galardón nunha entrega de premios que coincidirá coa lectura do pregón que marca o inicio das festas de San Xoan no municipio.

Entre os principais criterios tidos en conta á hora de escoller aos gañadores están a situación actual das diferentes modalidades, a superación de resultados de anos anteriores ou o ascenso a categorías superiores, entre outros.

Doutra banda, o Consello decidiu facer unha mención especial e recoñecer o esforzo e os logros de diferentes deportistas e equipos locais polo seu rendemento ao longo da tempada en diferentes modalidades.