Presentan o Campionato de España de Exhibición de Taekwondo que se celebrará o 29 de decembro en Pontevedra

Pontevedra
26 de decembro 2019

O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario o domingo 29 do último evento deportivo de categoría nacional do ano na cidade, para as categorías infantil, cadete e sénior

Presentación do Campionato de España de Exhibición de Taekwondo
Presentación do Campionato de España de Exhibición de Taekwondo / Cristina Saiz

Quedan poucos días para finalizar 2019, pero o calendario deportivo de eventos de nivel nacional e internacional na cidade aínda ten unha última cita que celebrar.

Trátase do Campionato de España de Exhibición de Taekwondo, organizado polo Mace Sport pontevedrés e que foi presentado este xoves no  Concello de Pontevedra.

O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario da competición o vindeiro domingo 29 de decembro, a partir das 10:00 horas da mañá.

Sobre o tapiz comparecerán 11 equipos das categorías infantil, cadete e sénior, e aínda que as datas impediron que se produza unha alta participación "os  mellores equipos si van estar", confirmou na presentación Miguel Ángel Cortegoso, presidente do Mace Sport.

A entrada ao Municipal será de balde para o público.