Presenza vermella na expedición da selección española de fútbol sala a Kiev

Poio
18 de xaneiro 2022

A xogadora do Poio Pescamar, Luci, atópase concentrada co combinado nacional para a disputa dun partido amigable contra Ucraína, rival de España na fase final do próximo Europeo

Xogadoras da Selección Española de Fútbol Sala convocadas para o dobre partido amigable en Ucraína
Xogadoras da Selección Española de Fútbol Sala convocadas para o dobre partido amigable en Ucraína

A Selección Española Feminina de Fútbol Sala xa se atopa en Kiev para disputar dous partidos contra Ucraína. O equipo de Claudia Pons aterrou o día 16 na capital ucraína e este luns xa tiveron unha primeira dobre sesión de adestramento para preparar os dous duelos previstos paralos días 18 e 19 de xaneiro ás 17 horas, horario ucraíno.

O combinado nacional de Ucraína é un dos máis potentes do panorama Mundial e proba diso é que están clasificadas, do mesmo xeito que España, para a final a catro do Europeo que terá lugar a finais de marzo na localidade portuguesa de Gondomar.

No vestiario español son conscientes de que estas dúas probas serán claves para seguir collendo ritmo de competición e seguir puíndo detalles de fronte ao torneo continental.

E, como é habitual nas últimas convocatorias, o acento galego predomina na lista de Pons. Luci é a representante do Poio Pescamar nunha convocatoria na que figuran exrojillas como Ale de Paz ou Jenny Lores, así como outras catro xogadoras do Burela.

A lista completa está composta polas gardametas Marta e Cris; as cierres Laura, Mayte e Isa García; as alas Jenny Lores, Ana Luján, Irene, Ale de Paz, Peque, e Luci; a ala pívot Benete e as pívots Irene e Dany.