Pretempada definida no Club Baloncesto Arxil

Pontevedra
28 de agosto 2017

A poucos días de iniciar os adestramentos, o club pontevedrés confirmou os seus catro primeiros amigables de pretempada. A competición na Liga Feminina 2 arrincará o 30 de setembro

Partido entre Arxil e ADBA Avilés no CGTD
Partido entre Arxil e ADBA Avilés no CGTD / Diego Torrado

Cando só faltan uns días para o inicio dos adestramentos do primeiro equipo, o Club Baloncesto Arxil confirmou a planificación da pretempada.

Polo momento a entidade verde confirmou catro compromisos amigables cos que tentará poñerse a punto para o inicio da competición na Liga Feminina 2, previsto para o sábado 30 de septimebre (19:30 horas) ante o Segle XXI no CGTD de Pontevedra.

A primeira das citas amigables terá lugar o martes 12 de setembro, neste caso ante o Celta de Vigo ás 20:30 horas, mentres catro días depués, o sábado 16, o rival será o Cortegada de Vilagarcía (19:30 horas).

O outro encontro fixado, como os anteriores no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, serán ante o Maristas coruñés de Primeira Nacional o sábado 23 de setembro.

Completará a pretempada un partido en Lugo ante o Ensino nunha data aínda por concretar.

O primeiro adestramento do equipo arxilista terá lugar o vindeiro mércores 30 de agosto, unha cita á que só faltarán as lesionadas Ana Martín e María González e tamén a colombiana Tatiana Mosquera, a falta de ultimar os últimos trámites para obter o seu visado. Pola súa banda está previsto que a inglesa Chantel Charles chegue á cidade de Lérez o mesmo día 30.