Preto de 100 atletas populares tomaron a Illa das Esculturas na primeira Galicia Cross Country

Pontevedra
24 de febreiro 2014

Pontevedra era a terceira das catro paradas do primeiro circuíto galego de carreiras populares campo a través. Amador Pena e Carmen Vagace, vendedores na proba lerezana

I Galicia Cross Country na Illa das Esculturas
I Galicia Cross Country na Illa das Esculturas

A Illa das Esculturas de Pontevedra acolleu este domingo a terceira das catro probas que compoñen o primeiro circuíto autonómico de carreiras populares campo a través, a Galicia Cross Country.

Preto de 100 atletas tomaron a saída na cita lerezana, cun percorrido de 4.000 metros no que se impuxo Amador Pena, en categoría masculina, e Carmen Vagace na feminina.

O primeiro clasificado parou o cronómetro en 12 minutos e 43 segundos, con tres segundos de vantaxe con respecto ao segundo, Diego Escribano.

En canto ás rapazas, Carmen Vagace fixo un tempo de 15:11, seguida de Melodi Fernández con 17:59.

O primeiro circuíto Galicia Cross Country finaliza o próximo día 2 de marzo en Lugo.