Preto de 200 xogadores participan en Raxó no Internacional de Xadrez Concello de Poio

Poio
08 de xullo 2024

A competición celebrábase este sábado 6 no Centro Cultural Xaime Illa. O torneo, de carácter oficial, ofrecía partidas de ritmo rápido con nove rondas. Roi Reinaldo, do CX Fontecarmoa, lograba a vitoria con 8,5 puntos

Internacional de Xadrez APECR 2024
Internacional de Xadrez APECR 2024 / Concello de Poio

Esta fin de semana disputábase no Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó, o torneo Internacional de Xadrez Concello de Poio APCR 2024.

Ao redor de douscentos xogadores participaban neste torneo, puntuable para o sistema de clasificación ELO FIDE. Ademais, entregábanse máis de catrocentos euros en premios.

A competición, de carácter oficial para a Federación Galega de Xadrez, ofrecía partidas de ritmo rápido en nove roldas, divididas en categorías absoluta, feminina, local e por idades.

Roi Reinaldo, do CX Fontecarmoa, lograba a máxima puntuación no sistema clasificatorio con 8,5 puntos.

A actividade desenvolvíase con material adaptado para xogadores con discapacidade visual.