Primeira posición para o Ciudad de Pontevedra no Descenso Internacional do Miño

Pontevedra
16 de agosto 2020

Este sábado celebrouse en Tui o Descenso Internacional do Río Miño, edición que estivo marcada polos protocolos sanitarios que non permitiron facer o formato de saída de anos anteriores, tendo que facer saídas lanzadas desde a auga

Descenso Internacional do Miño
Descenso Internacional do Miño / E. P. Ciudad de Pontevedra

Este sábado celebrouse en Tui o Descenso Internacional do Río Miño, edición que estivo marcada polos protocolos sanitarios que non permitiron facer o formato de saída de anos anteriores, tendo que facer saídas lanzadas desde a auga. 

Así mesmo, para facilitar que non houbese aglomeracións, a regata dividiuse en 2 saídas, unha saída ás 11:00 horas para cadetes e veteranos, e outra saída ás 18:00 horas para os xuvenís e senior, onde os padeeiros pontevedreses conseguiron grandes resultados.

Na saída da mañá, Manuel Iglesias fíxose coa terceira posición na categoría veterano C1 e David Barreiro e Noé quedaron campións en cadete C2, sendo estas a únicas medalla que obtivo o club durante a xornada de mañá.

Pola tarde, a primeira medalla chegou das mans Andrés e Pedro, que obtiveron boa terceira posición en xuvenil K2, mentres que Noel Martínez chegou aos poucos minutos e para conseguir a medalla de prata en xuvenil K1.

En xuvenil C1 subiron ao podio Martín Jácome e Rodrigo Villaverde, que quedaron en primeira e segunda posición respectivamente. Pablo Crespo e Diego Piñeiro obtiveron a terceira en C2.

En canto aos resultados da categoría xuvenil feminina, Ángela Jorge e Claudia Couto conseguiron unha primeira e unha terceira posición respectivamente en C1 e xa na categoría senior, o Ciudad de Pontevedra obtivo dúas pratas da man de Álvaro e Jaime en C2 e un ouro de María de la Pena en C1.

En canto ás clasificacións por equipos o Ciudad de Pontevedra logrou a primeira posición con 1783 puntos, por diante do Olívico e do club As Torres.