Primeira xornada de 'champions' para o Teucro coa visita do Ademar ao Municipal

Pontevedra
02 de outubro 2018

A Sociedad Deportiva Teucro recibe este mércores no Pavillón ao Ademar León (20:00 horas) en partido adiantado da quinta xornada da Liga Asobal. Os azuis tentarán aproveitar o "momento de crecimiento" que viven, segundo o seu adestrador, e o cansazo dun rival que vén de xogar competición europea en Noruega

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

Xornada 'europea' para a Sociedad Deportiva Teucro, que este mércores (20:00 horas) recibe no Pavillón Municipal dos Deportes a un dos dous equipos españois que este ano disputan a Champions, o Ademar de León, en partido adiantado pola participación do cadro leonés en competición europea.

Precisamente o cansazo acumulado pola última xornada en Europa, con viaxe a fin de semana a Noruega, é un dos aspectos aos que se agarra o Teucro para tentar bater a un Ademar que non empezou todo o ben que esperaba na competición doméstica, sexto con 5 putos, e que chegará a Pontevedra afectado polas  leiones de homes importantes como Juanjo Fernández e Juanín García.

Os pontevedreses apelan tamén ao "momento de crecimiento, de estar haciendo las cosas bien" no que Luís Montes asegura que chega o seu equipo tras asinar un bo encontro aínda que sen premio na cancha de Anaitasuna.

"Si hacemos bien las cosas vamos a poder competir", sinala Montes mentres encomia o "plantilla suficientemente profunda" e de calidade do Ademar e que lle permitirá sobrepoñerse aos problemas físicos dalgúns xogadores.

Nese aspecto o preparador azul espera poder contar con todo o seu plantel dispoñible salvo o ausentes Domingo Luís e Sergio Pérez por motivo dos Xogos Olímpicos da Mocidade aos que acoden coa Selección Española de balonmán praia.

Os colexiados do encontro serán os andaluces Macías de Paz e Ruiz Vergara.