Primeiras saídas no Arosa: Álex Vila, Romay, Duque e Óscar Varela

O Salnés
12 de xuño 2025
Actualizado: 12:36

O club arlequinado confirmou este xoves a baixa de catro dos seus futbolistas tras só unha tempada na Lomba

Romay, no partido Boiro-Arosa
Romay, no partido Boiro-Arosa

O Arosa SC ponse ao choio para tratar de reconstruír o seu proxecto deportivo en Terceira RFEF.

Xa co seu novo adestrador, Gonza, involucrado na planificación, a entidade de Vilagarcía confirmou as primeiras saídas de futbolistas.

O feito por partida cuádrupla, anunciando a baixa de catro dos seus futbolistas tras vestir a arlequinada.

Os xogadores implicados son o gardameta Álex Vila e tamén Manuel Romay, Óscar Varela e Duque.

Trátase nalgúns casos de homes que gozaron de importante protagonismo na campaña recentemente finalizada, como o caso do porteiro, titular en 27 xornadas de liga.

Tamén Óscar Varela e Romay acumularon moitos minutos sobre o verde. No primeiro caso participando en 28 encontros (15 de titular) e no segundo en 26 partidos (15 titular).

Menor presenza tivo Duque, xa que o atacante só compititió en 16 choques (5 como titular).

"O club agradece a todos eles o seu traballo e esforzo e deséxalles moita sorte nos seus futuros", asegura o Arosa.