O Arosa agárrase ao seu poderío na Lomba para superar a segunda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF, tras o empate asinado este sábado en Vilalba que deixa todo aberto para o choque de volta.
Os de Vilagarcía deberán de novo resolver na casa, pero farano despois de mostrar a súa solidez fronte a un correúdo Racing Villalbés.
Aos de Luisito púxoselles pronto a eliminatoria de fronte. Aos 15 minutos de xogo Sylla cabeceaba ao fondo da rede un excelente envío de Iñaki Martínez desde o costado destro, para alegría da numerosa afección visitante presente nas bancadas da Madalena.
Gooooooool na Magdalena!!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 13, 2023
15' @racingvillalbes 0-1 @AROSASCOFICIAL
Sylla adianta ao Arousa no marcador cunha cabezada a pase de Iñaki
En directo na G2 e en G24 https://t.co/OqYiEv1kRz pic.twitter.com/GbxqymA3GV
Con todo o cadro local reaccionou para restablecer as táboas pasada a media hora de partido, grazas a un gol de Make á saída dun córner. Unhas táboas coas que se chegaría ao tempo de descanso.
Gooooooool na Magdalena!!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 13, 2023
32' @racingvillalbes 1-1 @AROSASCOFICIAL
Make empata con outra cabezada á saída dun córner
En directo na G2 e en G24 https://t.co/oVcUtpmQZf pic.twitter.com/m1NFbvLMus
O empate valíalle ao Arosa, que con táboas ao final da elmimatoria pasaría de rolda, e os de Luisito arrefriaron un pouco o ritmo tras o paso por vestiarios. Pasaban poucas cousas, aínda que Cotilla rozou o segundo no minuto 60 cun disparo afastado que desviou o porteiro local.
Tamén chegou nalgunha opción con certo perigo o Villalbés, pero Manu Táboas respondeu cunha boa man a unha cabezada e o marcador xa non se movería deixando o resultado do combare en nulo. A Lomba ditará sentenza.