Primeiro partido de máxima dificultade para o Condes de Albarei Teucro na súa visita a Pamplona

Pontevedra
22 de setembro 2017

Os azuis visitan este sábado (20:00 horas) a cancha do Anaitasuna navarro, equipo que aspira a repetir esta tempada clasificación europea e que comezou a liga con dúas vitorias. O Teucro contará coa baixa de Andrés Moyano, de viaxe en Arxentina para tramitar o seu visado

Adestramento da SD Teucro 2017-2018 no Municipal
Adestramento da SD Teucro 2017-2018 no Municipal / Mónica Patxot

Coa tranquilidade que aprotan os tres puntos conseguidos nas dúas primeiras xornadas da Liga Asobal, o Condes de Albarei Teucro afrontará este sábado (20:00 horas) o seu primeiro partido de máxima dificultade do curso, na pista do Anaitasuna navarro.

O cadro pamplonés aspira a repetir clasificación europea esta campaña e demostrou no inicio de liga que vai en serio, con triunfos ante Guadalajara e sobre todo Granollers.

Trátase de "un rival de muchísima calidad", avisa Quique Domínguez, "que en los últimos años se ha instalado en la zona noble de la categoría".

Os azuis afrontan a cita con optimismo, pero conscientes de que aínda deben seguir mellorando. "Sería una equivocación muy grande por nuestra parte si pensásemos que por llevar tres puntos lo estamos haciendo todo bien. Esta es una liga muy larga y muy dura para nosotros", sentencia o técnico pontevedrés.

Domínguez sitúa como punto forte a superar do Anaitasuna a súa boa defensa e tamén a achega decisiva da portería.

Ademais da do lesionado Medina, o Teucro contará coa baixa de Andrés Moyano, de viaxe programada a Arxentina para tramitar definitivamente o seu visado, tarefas que o club espera lle manteñan fóra da dinámica do equipo preto de 15 días.

Os colexiados do encuetro serán os aragoneses Peñaranda Ortega e Yagüe Moros.