Tivo que empregarse a fondo o Arxil para lograr a súa primeira vitoria de 2015 na visita a Pontevedra do ADBA Avilés (81-73).
O conxunto verde arrancou con forza o partido, cunha renda de 10 puntos ao final do primeiro cuarto (24-14) que ampliou lixeiramente ao chegar ao descanso (41-27) grazas a un gran traballo defensivo.
Sen embargo as asturianas non se renderon e comezaron a recortar a distancia paulatinamente, obrigando as pontevedresas a non relaxarse ata o final.
Diarrá (28 puntos e 10 rebotes) e Ana Román (19 puntos) tiraron do equipo nos momentos delicados para manter a vantaxe e asegurarse un triunfo que mantén o equipo adestrado por Mayte Méndez na terceira praza da clasificación.
CB ARXIL (81): Diarrá (28), Ana Román (19), Ana Martín (2), Carla (4), María Lago (10) -cinco inicial- María González (4), Jara, Fany, Cristina Díaz-Pache (2), Sandra Entenza (5), Fallon Lewis (7).
ADBA AVILÿS (73): Onyeuku (25), Paula Guijo (4), Lara Fernández (12), Cova González (2), Andrea Pujol (11) -cinco inicial- Lucía Arguello, Analia Casado (3), Anna Boleda (16).
Árbitros: García Fernández e López Folgueiras. Sen eliminadas.
Parciais: 24-14, 17-13, 19-23, 21-23.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.