Primeiro triunfo en liga para o Waterpolo Galaico ao impoñerse con claridade en Vigo (5-9)

Pontevedra
18 de novembro 2014

Despois de dúas derrotas, os pontevedreses sumaron os seus primeiros puntos do campionato

Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Galaico
Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Galaico / CW Galaico Pontevedra

Despois de iniciar a liga con dúas derrotas consecutivas, o Club Waterpolo Galaico inaugurou en Vigo a súa cuadrícula de puntos.

Segue sen recuperar o xogo que lle fixo campión da Liga Galega, pero o equipo pontevedrés evidenciou unha melloría que lle valeu para impoñerse con claridade ao RCN Vigo (5-9).

Os pontevedreses puxéronse en franca vantaxe no primeiro cuarto (1-4), e malia a igualdade do segundo período e o intento de reacción local no terceiro, non viron perigar o resultado.

Ao Galaico tócalle descansar na próxima xornada ligueira, polo que non volverá á competición ata o 13 de decembro ante o Marina Ferrol en Pontevedra.