Apenas tres puntos separan na clasificación ao Pontevedra Club de Fútbol, terceiro con 39 puntos, do Club Deportivo Lugo, sexto e primeiro equipo fóra do play-off de ascenso con 36.
Unha situación que convida a vivir este próximo sábado 21 de febreiro no Estadio Municipal de Pasarón (18.30 horas) unha auténtica "festa do fútbol galego".
É o que quere o club granate, que este luns deu a coñecer o prezo das entradas para o duelo de rivalidade autonómica correspondente á xornada 25 de liga en Primeira RFEF.
Por unha banda a entidade da Boa Vila recupera os prezos habituais da maior parte da tempada, tras a cita contra o Castilla.
Desta forma localidades para o público xeral custarán 25 euros en Tribuna, 20 en Preferencia e 15 euros nos fondos, incluíndo o sector reservado á afección visitante no Fondo Sur.
Os nenos menores de 6 anos terán acceso de balde e desde eses 6 anos até os 17 o custo da entrada será de 15 euros independentemente da bancada escollida.
A novidade en todo caso é a promoción destinada aos abonados do Pontevedra.
A entidade granate permitiralles retirar até dúas localidades da súa propia bancada a metade de prezo até completar o aforamento dispoñible.
𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒 | Pasarón necesita da súa xente para facer deste sábado unha festa do fútbol galego ⚽️🏟️
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) February 16, 2026
🔹 Cada abonado ten ata dúas entradas ao 50%
🔹 Entradas xa dispoñibles online e en oficinas (mércores pechado)
🔹 Bancada visitante en Fondo Sur S5#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️♥️ pic.twitter.com/vxLGTuKhVh