No seu primeiro día como xogador do Pontevedra Club de Fútbol, Diego Álvarez, coñecido futbolísticamente como 'Prosi', mostrou a súa ambición á hora de explicar os motivos polos que aceptou a oferta granate.
"Llego con la expectativa clara de subir a Segunda División", asegurou na súa presentación oficial.
O centrocampista, que as dúas últimas campañas militou no Burgos, asegurou ademais que "vengo porque han puesto desde el principio mucho interés", explicou.
Prosi "nos va a aportar mucho en la organización de juego", argumentou o conselleiro responsable da parcela deportiva, Roferto Feáns, ademais de polivalencia xa que "he jugado en todos los puestos del centro del campo", completou o futbolista.
As súas primeiras palabras como granate deixaron tamén un recoñecemento á marcha do Pontevedra nas últimas tempadas, nas que se enfrontou como rival, e ao traballo de Luisito en particular, ao asegurar que "estos dos últimos años lo han estado haciendo muy bien y no es casualidad que el equipo haya estado arriba".
O acto celebrado no Estadio Municipal de Pasarón arrincou cunhas breves palabras da presidenta, Lupe Murillo, nas que recoñeceu que "es la penúltima presentación de un jugador del equipo", en referencia á única vacante no plantel, a dun dianteiro centro para cuxa contratación non se marcan prazos.
LUISMI, NOVO ADESTRADOR DO EQUIPO XUVENIL
Doutra banda o Pontevedra anunciou o nome da persoa que se fará cargo finalmente do equipo xuvenil de División de Honra, tras a non continuidade de Óscar Guimeráns. Trátase de Luismi, vello coñecido da casa granate, na que militou como xogador cinco tempadas entre os anos 1998 e 2003.
O vigués, que na súa etapa como futbolista actuaba como defensa central, adestrou a pasada campaña ao Mondariz na categoría de Preferente.