Puente Genil e Sarrià, rivais de Cisne e Teucro na súa loita pola permanencia

Pontevedra
11 de decembro 2020

Coa boa sensación tras sumar a súa terceira vitoria esta tempada, o Dicsa Modular Cisne afronta este sábado o duelo ante o Puente Genil (18:30 horas) para seguir loitando pola permanencia na liga Asobal. Pola súa banda, o Teucro recibirá no Pavillón Municipal ao Sarrià (20:30 horas)

Partido da Liga Asobal entre Cisne e Villa de Aranda no Municipal
Partido da Liga Asobal entre Cisne e Villa de Aranda no Municipal / Cristina Saiz

Coa boa sensación tras sumar a súa terceira vitoria esta tempada, o Dicsa Modular Cisne afronta este sábado outro duelo para seguir loitando pola permanencia na liga Asobal.

O equipo pontevedrés medirase este sábado 12 de decembro (18:30 horas) ao noveno clasificado, o Puente Genil.

Trátase de "un rival complicado que está a facer moi boa tempada. Ten o seu potencial en primeira liña con moi bos xogadores en lanzamento exterior o que fai que as defensas teñan que abrirse para impedilo e iso abre os espazos para o seu pivote Javi García", explica o segundo adestrador cisneísta, Quiños.

O técnico o perigo dun rival que está a facer unha das súas mellores tempadas. "Están haciendo un buen trabajo en ataque y defensa y se nota cuando Javi García y David Estepa han estado en la última convocatoria de la absoluta".

Asimesmo, Quiños tamén descata o potencial do veterano Juan Castro no seu lanzamento e o seu bo xogo co pivote ademais do bo físico de todo o conxunto. "Tenemos que estar pendientes de todos los jugadores. Hay que salir a sus lanzadores además de no dejar muchos espacios para que Javi García saque provecho".

Pola súa banda, a Sociedade Deportiva Teucro recibirá no Pavillón Municipal ás 20:30 horas a Unió Esportiva Sarrià.

Os de Irene Vilaboa buscarán unha nova vitoria esta tempada #ante un rival situado na sexta praza da clasificación con 4 vitorias e 5 derrotas.

Pola súa banda, o Teucro chega á cita con 2 vitorias, 4 empates e 4 derrotas ás súas costas, que o colocan na sétima posición.