A cuarta edición da Epic Race xa ten gañadores.
Esta fin de semana, os participantes tiveron que facer fronte ás altas temperaturas e aos 300 quilómetros de percorrido ademais do desnivel positivo superior aos 8.000 metros.
A costa e os montes de municipios como Pontevedra, Ponte Caldelas, Mos, Portas, Moraña, Cuntis, Fornelos, Cerdedo-Cotobade ou Poio foron os lugares que visitaron os ciclistas desde o sábado ata a chegada a liña de meta.
Cun máximo de 28 horas para completar o percorrido, ao equipo masculino do Vasconha BTT Vouzela, formado por Pedro Miguel Dionísio Pinheiro, Rafael António Silva Rucha e Renato Miguel Félix Ferreira, tan só fixéronlle falta 13:09:03. O podio de 3 masculino completárono o Vagalume, con Miguel Míguez Otero, Fabián Román Leiros e Alberto Malga Paz, e o Team Meco, con Manuel Núñez Vidal, Francisco Manuel González Montenegro e Víctor Grau Moreno.
En individual feminina 300, o podio formárono Filomena Paulo (Movefree), Isabel Castro Caraballo (Bike Point Tenerife) e María del Mar Delgado González (Club Deportivo 3AG), mentres que o masculino completárono Juan Pedro Trujillo Hernández, David de Matogueiras Vaz e Francisco Herreo Casas (Carbonerobike CD).
En parellas masculina, o Vasconha and the Atomic7TI7, formado por Tiago Silva e Tiago Jorge Clamote Figueiredo Lopes, foron os primeiros en chegar á meta. En segundo lugar chegaron Yago Breijo Martínez e Diego Antonio Oliveira Aboy, do CDM Xesteiras e, en terceiro, Francisco José Valiñas Carbia e Leopoldo Abilleira Ansín, do Global DXT Team 1.
Por último, na Epic Race 200, a vencedora foi Celia Ruíz, do Mito X-Salgueiro Berria, en individual feminina; en masculino o ouro levoullo Carlos Rocha, do Saertex Portugal / Edaetech e en parellas masculina, o dúo formado por Dário Pereira e Fabio Pedrosa (Casa do Povo de Abrunheira) lograron a primeira posición.