Quenda para os primeiros amigables e á espera dos dianteiros

Pontevedra
29 de xullo 2016

O club granate espera que "la gente se anime" a acudir o domingo a Pasarón para presenciar o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Real Valladolid. Na planificación do equipo a presidenta, Lupe Murillo, recoñece que "tenemos sólo dos fichas libres y son para los delanteros" pero non mete présa á súa incorporación

Lupe Murillo e Anxos Riveiro presentan o XL Trofeo Cidade de Pontevedra
Lupe Murillo e Anxos Riveiro presentan o XL Trofeo Cidade de Pontevedra / PontevedraViva

Despois de dúas semanas de adestramentos, no que a carga física foi a parte máis importante da preparación, o Pontevedra inicia esta fin de semana o seu calendario de partidos amigables, e faino con dobre sesión.

O sábado os granates enfrontaranse en Moraña (19:00 horas) ao Celta B, mentres o domingo ás 20:00 horas visitará o Estadio Municipal de Pasarón o Real Valladolid, no XL Trofeo Cidade de Pontevedra, unha cita que "siendo el primer partido que jugamos en casa espero que la gente se anime a venir", asegurou na presentación do choque a presidenta, Lupe Murillo.

O prezo das entradas para este partido é de 16 euros en Tribuna, 12 en Preferencia e 8 euros nos fondos, entrando de balde os socios que xa renovasen o seu carné.

En ambas as citas poderanse ver en acción ao novo proxecto do Pontevedra, aínda que "jugaremos con el juvenil Lezcano y un chico del filial (Wadir) de delanteros", afirmou a presidenta granate adiantándose á principal incógnita desta pretempada, os dous puntas que deben completar o equipo.

"Tenemos dos fichas libres y son para los delanteros", explicou Murillo, que apuntou á dura competencia que se están atopando no mercado, xa que moitos clubs están pendentes dos descartes en equipos de Segunda.

Por ese motivo asegura que non terán présa xa que "no es una cuestión económica, es una cuestión de acertar".. Ademais terán que tomar "decisiones sobre la salida de un jugador", en referencia a Kevin Presa, que segue adestrando co equipo e que polo momento é un máis nos plans de Luisito.