Quinto posto para a Gimnástica na Copa do Rei de atletismo

Pontevedra
26 de xaneiro 2014

O equipo pontevedrés finalizou con 47 puntos unha competición que se adxudicou o Fútbol Club Barcelona por diante do Playas de Castellón, segundo

Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2014
Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2014

Notable papel da Sociedad Gimnástica na súa terceira participación na Copa do Rei de Atletismo, finalizando no quinto lugar.

O equipo pontevedrés concluíu a competición con 47 puntos para repetir a clasificación lograda hai un ano, aínda que durante algúns momentos chegou a situarse en terceiro lugar.

Entre os atletas da Gimnástica destacaron as actuacións de Julián Ortiz, segundo en 60 valos, Víctor Riobó, tamén segundo nos 1.500 metros, e Lysvanys Pérez, terceiro en triplo salto.

O gañador da Copa do Rei foi o Fútbol Club Barcelona (95 puntos), por diante de Playas de Castellón (90) e Huracán Fent Camí (60).