Quinto posto para Víctor Gallego no Nacional de inverno de lanzamentos longos

Pontevedra
07 de marzo 2015

Víctor Gallego comezou moi ben a competición cun lanzamento de 52.14 metros, chegando a colocarse en segunda posición, pero unha lesión na man de lanzar, que arrastra dende hai máis dun mes, impediulle mellorar esa marca a pesar de intentalo ata o final

Víctor Gallego, atleta da Sociedad Gimnástica
Víctor Gallego, atleta da Sociedad Gimnástica / Sociedad Gimnástica

Non subiu ao podio como o ano pasado, pero Víctor Gallego volveu demostrar que é un dos mellores especialistas nacionais da proba de lanzamento de disco.

O atleta da Sociedad Gimnástica logrou un bo quinto posto no Campionato de España de Inverno de lanzamentos longos que se disputou na localidade de Montijo (Badaxoz).

Víctor Gallego comezou moi ben a competición cun lanzamento de 52.14 metros, chegando a colocarse en segunda posición, pero unha lesión na man de lanzar, que arrastra dende hai máis dun mes, impediulle mellorar esa marca a pesar de intentalo ata o final.

Esta magnífica quinta posición do pupilo de Santi Ferrer motívao, segundo destaca o club, para afrontar dentro dun par de meses a competición de División de Honra coa Sociedade Ximnástica.