Quique Domínguez aposta pola Copa do Rei: "Es una competición que me gusta mucho"

Pontevedra
30 de setembro 2016

O técnico do Teucro non reservará a ninguén no choque deste sábado (19:30 horas) en Zarautz "con la intención de pasar la eliminatoria". Domínguez quéixase do sistema en que se sorteou a primeira rolda, que obriga aos azuis a xogar o pase fóra da casa a pesar de enfrontarse a "un equipo de nuestra misma categoría"

Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro
Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro / Mónica Patxot

O Teucro aparca por uns días a liga para centrarse na súa participación na Copa do Rei, unha competición "que a mí me gusta mucho", recoñece Quique Domínguez.

O técnico pontevedrés non reservará a ninguén para a cita deste sábado (19:30 horas) en Zarautz ante un equipo "muy hecho en la División de Honor Plata y que en su pista siempre es complicado".

Desta forma só os lesionados Edu Moledo e Rial causan baixa, aínda que Carlos García viaxa con molestias no pé que poden comprometer o seu rendemento. por ese motivo Aarón, extremo do filial, completa a convocatoria azul.

Domínguez criticou en todo caso o sistema de sorteo da primeira eliminatoria, na que o Teucro estaba obrigado a xogar fóra da casa a pesar de enfrontarse a "un equipo de nuestra misma categoría".

Iso non é impedimento para arrincar con ilusión unha competición que este ano cambia de sistema e contará cunha fase final de oito equipos, propicia para que algún club modesto poida dar a sorpresa e chegar ás últimas roldas.

En caso de avanzar en Copa, a segunda eliminatoria, tamén a partido único, xogaríase en Pontevedra ante a Infinidade cántabra o día 26 de outubro.