RADIO.- Roberto Feans transmite "tranquilidad y optimismo" á afección pese ao mal inicio de liga

Pontevedra
05 de setembro 2017

O conselleiro responsable da planificación deportiva do Pontevedra Club de Fútbol, Roberto Feáns, estreou este luns unha nova tempada de La Trastienda, en PontevedraViva Radioa>, onde repasou a actualidade do equipo e pediu "el apoyo de todos" para conseguir deixar atrás canto antes a dinámica negativa 

Roberto Feáns en La Trastienda de PontevedraViva Radio
Roberto Feáns en La Trastienda de PontevedraViva Radio / Cristina Saiz

Coa chegada do mes de setembro o programa La Trastienda de PontevedraViva Radio deu comezo a unha nova tempada, e fíxoo para analizar o complicado inicio de curso para o Pontevedra Club de Fútbol.

O conselleiro responsable da planificación deportiva no club granate, Roberto Feáns, pasou polos micrófonos de PontevedraViva Radio, nos que quixo transmitir "tranquilidad y optimismo" porque "creo que hemos hecho una buena plantilla".

Feáns recoñece que "hemos empezado con una dinámica negativa de resultados, incluso de juego", pero iso cambiará "en cualquier momento" e "sacaremos adelante la situación, estoy seguro".

Para o directivo ao equipo, con moitas caras novas, estalle a custar axustarse, algo que está convencido é cuestión de tempo. Por iso traslada a súa plena confianza a plantel e corpo técnico: "Todos tenemos en la cabeza que queríamos empezar de otra manera pero el apoyo es total a la parcela del entrenador, sus ayudantes y a los jugadores. Esperamos lo mejor de ellos", sentenciou.

Despois de tres derrotas noutras tantas xornadas de liga o Pontevedra pensa xa en empezar a reverter esta situación no choque do próximo domingo (17:00 horas) ante o Toledo en Pasarón, un partido no que "necesitamos el apoyo de todos y el empuje de todos", solicitou Roberto Feáns á afección.